FRAXIL o formamos dúas conservadoras-restauradoras tituladas, co noso entusiasmo e curiosidade intactos logo de vinte anos de experiencia profesional en diferentes especialidades e capacidades.

 

Yolanda Porto, que traballou principalmente no ámbito da conservación arqueolóxica e tamén é titulada en Peritaxe e Tasación de Antigüidades.

 

Ana Abella, que desenvolveu a súa experiencia profesional no patrimonio artístico e monumental.   

 

Entre as dúas atesoramos unha ampla experiencia de traballos tan variados como obxectos arqueolóxicos, retablos, pinturas, documentos, estructuras arqueolóxicas, esculturas, cerámica...